O martes pasado, as clases de 2º e 3º de primaria gozaron dunha divertidísima sesión de contacontos coa actriz Sabela Gago, de Sarabela Teatro.
"As tres
galiñas" é unha historia coa que aprendimos que cada un de nós é único e
especial. As protagonistas desta historia, tres galiñas moi testudas, adoitan
pelexar por ver quen é a que destaca...quen ten as patas máis longas, as plumas
máis suaves ou a cresta máis fermosa.
Logo dunha competición ante o rei sobre quen puña o
mellor ovo, o resultado foi asombroso: o primeiro era máis grande, o segundo o
maáis branco e o terceiro o máis orixinal, xa que era cadrado e de cores. O
rei, como resultado, decidíu nomear ás tres como as raíñas do galiñeiro.
Grazas Sabela por unha historia tan especial, encantounos!
No comments:
Post a Comment