Hoxe ás 11 da mañá, recibimos a visita de Minia Regos, unha ilustradora
compostelá, que levou a cabo un divertido e inspirador obradoiro de ilustración!
Os nenos
de 5º de primaria aprendimos o que é necesario para
comezar a ilustrar. Ter lápiz e papel non é suficiente…Minia explicounos a
importancia de ser creativo, de manexar as liñas e a cor e de aprender dos
demais, en especial dos grandes artistas.
Tamén nos contou cales foron as
fontes de inspiración do seu último libro. “Tac, tac, tac , plof", unha historia preciosa que nos axuda a descubrir a beleza
que esconde o fondo do mar e a pensar en que debemos mantelo limpo.
E puxémonos mans a obra para para debuxar o que crea a nosa
imaxinación!!
Moitas grazas, Minia! Foi un pracer aprender de ti un ano
máis!
Se queres saber máis sobre a obra de Minia, visita o seu blog.
No comments:
Post a Comment