Onte
pola tarde recibimos a Toñi González, a propietaria da librería Queixumes, que
nos falou sobre a súa ampla experiencia no sector do libro e impartíu unha
interesantísima charla sobre Xaquín Lorenzo Fernández, máis coñecido como
"Xocas".
Xaquín
Lorenzo "Xocas" foi un coñecido escritor e historiador ourensán, membro
do grupo Nós e Seminario de Estudos Galegos- Homenaxeado no Día das Letras
Galegas no ano 2004, Xocas tivo un papel fundamental no estudo e divulgación do
patrimonio cultural galego.
Moitas grazas Toñi por darnos a coñecer a importancia
desta figura clave na historia da nosa cultura!
No comments:
Post a Comment