jueves, 27 de abril de 2017

Sesión de contacontos con Sabela Gago

O martes pasado, as clases de 2º e 3º de primaria gozaron dunha divertidísima sesión de contacontos coa actriz Sabela Gago, de Sarabela Teatro.


"As tres galiñas" é unha historia coa que aprendimos que cada un de nós é único e especial. As protagonistas desta historia, tres galiñas moi testudas, adoitan pelexar por ver quen é a que destaca...quen ten as patas máis longas, as plumas máis suaves ou a cresta máis fermosa.



Logo dunha competición ante o rei sobre quen puña o mellor ovo, o resultado foi asombroso: o primeiro era máis grande, o segundo o maáis branco e o terceiro o máis orixinal, xa que era cadrado e de cores. O rei, como resultado, decidíu nomear ás tres como as raíñas do galiñeiro.





Grazas Sabela por unha historia tan especial, encantounos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario