lunes, 24 de abril de 2017

Descubrindo a Xocas con Toñi González

Onte pola tarde recibimos a Toñi González, a propietaria da librería Queixumes, que nos falou sobre a súa ampla experiencia no sector do libro e impartíu unha interesantísima charla sobre Xaquín Lorenzo Fernández, máis coñecido como "Xocas".






Xaquín Lorenzo "Xocas" foi un coñecido escritor e historiador ourensán, membro do grupo Nós e Seminario de Estudos Galegos- Homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano 2004, Xocas tivo un papel fundamental no estudo e divulgación do patrimonio cultural galego.


Moitas grazas Toñi por darnos a coñecer a importancia desta figura clave na historia da nosa cultura!




No hay comentarios:

Publicar un comentario