viernes, 21 de abril de 2017

Obradoiro de ilustración con Minia Regos

Hoxe ás 11 da mañá, recibimos a visita de Minia Regos, unha ilustradora compostelá, que levou a cabo un divertido e inspirador obradoiro de ilustración!


Os nenos de 5º de primaria aprendimos  o que é necesario  para comezar a ilustrar. Ter lápiz e papel non é suficiente…Minia explicounos a importancia de ser creativo, de manexar as liñas e a cor e de aprender dos demais, en especial dos grandes artistas. 






Tamén nos contou cales foron as fontes de inspiración do seu último libro. “Tac, tac, tac , plof", unha historia preciosa que nos axuda a descubrir a beleza que esconde o fondo do mar e a pensar en que debemos mantelo limpo.





E puxémonos mans a obra para para debuxar o que crea a nosa imaxinación!!








Moitas grazas, Minia! Foi un pracer aprender de ti un ano máis!



Se queres saber máis sobre a obra de Minia, visita o seu blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario